
onforme se achega o día,van empezando as actividades. Hoxe vouvos contar como vai o dos pinchos irmandiños este ano.
A organizazon dos bares da vila de Vimianzo que participan, informa:
Bases para a participación
nas II xornadas dos pinchos
irmandiños
As xornadas desenvolveranse do xoves 2 ao sábado 4
de xullo.
Haberá un premio ao mellor pincho que será outorgado
polo público a un só establecemento e patrocinado por
MAHOU.
Cada establecemento participará cun só pincho.
Os establecementos deberán ter o pincho a dispor do
publico en horario de 11:30 h. a 14:30 h. e de 19 h. a 21h.
No caso de non ter o pincho nese horario o local quedará
descualificado.
Ao tratarse de pinchos medievais só se poderán utilizar
ingredientes que existiran na Idade Media, é dicir, antes
de que se descubrise América.
Cada establecemento terá unha furna na que o público
poderá depositar o seu voto.
O público poderá votar utilizando uns cupóns que
estarán xunto as furnas.
Só se admitira un voto por persoa en cada establecemento.
As papeletas deberán ter o DNI para que sexan válidas.
O publico participante disporá dunha tarxeta cun plano
no que figurará a localización de todos os establecementos
participantes. En cada local selarán esta tarxeta e o
participante que consiga ter selada a tarxeta por todos
os locais participará no sorteo do peso da persoa
gañadora en produtos MAHOU.
Unha vez selada a tarxeta depositarase en calquera das
furnas.
As furnas recolleranse o Sábado 4 as 22 h.
A entrega do premio farase o martes 7 de xullo as 13 h.
diante os medios de comunicación da zona.
Agora vouvos contar cales son os pinchos que vai poñer cada bar. Mmmmmmmmmm!!!!!!!!! No Medievo comíase ben.
Os que comían, claro.
II XORNADAS DO PINCHO IRMANDIÑO VIMIANZO 2009
Os sete locais que participamos nas II Xonadas do Pincho Irmandiño agradece de ante man a difusión destas xornadas nos vosos distintos medios, e recordarvos que estas xornadas distan moito dos típicos concursos de tapas xa que teñen coma únicos ingredientes, produtos que había en Galicia na Idade Media, e decir, antes do descubremento de America.
A continuación detallovos o nome do local e o pincho co seu respectivo nome.
CELME CAFÉ: O Desexo de Xoana de Castro (Chourizo Criollo sobre base de pan de broa con salsa de verduras)
CAFÉ D´LO: O Potaxe da Revolta (Guiso de porco con verduras)
CHEERS: Chipirons Irmandiños (Chipirons con salsa de gambas)
QUILMES: A Raxada dos Altamira (Raxo con setas)
Os Riles dos Moscosos (Riles encebolados con setas)
CASA SABINA: O tesouro de Alonso de Fonseca (Filloa rechea de porco celta con mollo de pemento)
O guiso dos Herdeiros de Traba (guiso de polo con setas)
O CASTILLO: Filloa do conde de Altamira (Filloa rechea de afumados)
Roliño do Marques de Almeiras (Porco recheo de xamón serrano e quiexo)
VIA RAPIDA: Pernada do Señor Feudal (Pernil de porco de Carantoña, pementos de Fumiñeu e mollo de cogumelos de Covaladrons)
Ambrosia da Serea Mariña (Cazola de fideus con berberechos de Xaviña e mexillons das Lobeiras con gambas de ultramar)
Pois eu xa non digo mais. Aí queda eso. Xoves, venres e sábado. Tres días para degustar uns pinchiños e dar unha volta por Vimianzo. Mañán é feira, así que é unha boa ocasión para dar unha voltiña e empezar.
