Os grupos deste ano. Duplo Son

Xuño 22, 2009 por rifenha

AD música, é parte fundamental da festa, e este ano, bem representada por três grupos e um DJ.

Há para todos os gostos, como cada ano. A organizazón trata de traguer sempre grupos com jeitos de entender a música diferentes, porque a variedade é cousa boa.

Hoxe vouvos falar do primeiro grupo que aparece no cartaz. Eles son Duplo Son.

Segundo a información da sua página http://www.myspace.com/duploson , que podedes visitar, para os coñecer melhor, definense a si mesmos como:

Este é o animal que eu vos vou a describir
Vén de preto, ven de lonxe, sabe escalar e tinguir
con cores a súa pel para que poidas escoitar
o son dos lugares onde te pode levar.

Ten catorce brazos, soa a voz de muller
ao chegar o solpor gosta de aparecer
paseniño e nun momento, sen poder pensar
ao atopar as súas pegadas xa estas a bailar

Este é o animal que eu vos vou describir
quen lle deu a voz sen fume foi a Anahi
co aire de Brandam que o pon a resoplar
e Tono con postura polo baixo o fai vibrar

Jorge o ten cuberto de acordes por rasgar
Dani ponlle acento e así o fai camiñar
Tarteiras e Charlie repercuten con fusión.
Este é o animal que se chama Duplo Son.


Javier Ferreirós



Clarinete, baixo, batería, percusions, e a voz de Anahí, ofrecen , segundo as suas propias palabras
…unha transfusión persoal sen ningún prexuizo dende as arterias da música funky, do latin, o jazz, os sons mestizos, e todo o que queda por descubrir.

Música para escuitar, bailar, sentir os ritmos da noite facendo cóxegas nos pés e no corazón.

Um grupo para non perder.

Amañá contareivos cousas do segundo dos grupos.

Unha aperta desde Vimianzo, Terra de Soneira, Costa da Morte, na Galiza

whitestarline.gif

O cartaz

Xuño 19, 2009 por rifenha

Os cartaces son unha parte importante, porque levan o resumo en imaxes da esencia e da existencia da festa de cada ano.

Deixovos o deste ano. Moi diferente ò do ano pasado no estilo, mas tamen moi vistoso e significativo.

Este ano, saíu um chisco “guerníkico”. Tem muito movemento e dramatismo.

Amanhã empezarei a contarvos algo dos grupos, da súa música e todo eso.

Saudiña e sorte a todos.

CARTELES ASALTO O CASTELO 2009 pekeño

Xa está aquí a XIV Edición!!!

Xuño 19, 2009 por rifenha

ASALTO23 A13A

Pois é. Xa está todo preparado para a festa irmandiña do asalto à fortaleza dos Moscoso este ano en Vimianzo.

O que comezou hai catorce anos como um pequeniño e familiar festival folk, foi medrando e collendo vida propia, até se converter nun dos referentes do verán da Costa da Morte e da Galiza enteira.

É de agradecer o traballo desinteresado de toda a xente que participa na organización, movida únicamente polo entusiasmo e a vontade de abrir portas a través da cultura, a historia e a festa, neste pequeno e afastado recanto do mundo onde os deuses, ou quem queira que for, nos ubicou para que poidésemos disfrutar da sua brava beleza e da forza telúrica da terra e o mar do fin do mundo.

Para que vaiades abrindo boca, vouvos deixar o documento que me acaban de pasar coa información dos grupos e demais detalles:

ASALTO Ó CASTELO
04/07/09-VIMIANZO

INTRO
En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve  a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor  do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Os anos pasan e os séculos corren e entrando no novo milenio seguimos a preguntarnos cómo son os irmandiños de hoxe, en qué traballan, a quén temen, cales son os seus pesares e porque calan?, e quen son os señores, onde están, que defenden , a quen acusan, e por qué  abusan …

No século XXI, segue mais vixente que nunca a idea revolucionaria dos irmandiños, e nós os recordamos revivindo unha adaptación libre desa rebeldía, con humor, con música, con  festa e con  teatro ó aire libre…

Ven e descubre  as personaxes que abren novos mundos, únete a eles para asaltar o castelo,  alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza  e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una nota máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

PROGRAMA
20.30 Apertura da COCIÑA

22.30 Comezo Concertos

DUPLO SON

Media noite: ASALTO Ó CASTELO

OPHIUSA
THE TURRE´S BAND
PINCHA/DJ
Freando a esteso

OUTROS
ENTRADA DE BALDE
ZONA DE ACAMPADA LIBRE
SERVIZO DE COCIÑA
CARPA

II XORNADA DE PINCHOS IRMANDIÑOS .
Recorre os bares de Vimianzo probando os diferentes pinchos irmandiños a 1,50 euro.

PASAR Ó DÍA NA COMARCA
-Recorre o castelo de Vimianzo e descubre o arte en vivo dos artesáns da zona, dende Oleiros  a canteiros, dende as encaixeiras ás cesteiras.
-Practica unha ruta de sendeirismo polos sorprendentes Penedos de Pasarela, descubre as magníficas rochas con formas antropomórficas
-Visita os interesantes monumentos megalíticos do Concello e a Comarca.
- E se non queres facer nada, pasa o día tirado en calquera das idílicas e solitarias praias que rodean o concello…

Como vedes, a cousa pinta moi pero que moi ben. Así que…Non o pensedes mais, que tendes um moi bó , lúdico e reivindicativo plan para o 4 de Xullo e os días anteriores, de pinchos medievais.

Durante estes días, irei informándovos de mais cousas. Pasade por aquí, pola eira virtual, de vez en cando, para ver as novidades.

Apertas irmandiñas desde Vimianzo, na Terra de Soneira.



4draakglow

Mais imaxes da festa

Xullo 28, 2008 por rifenha

Velaí o cerne do asunto. O Comendador quere que o noivo durma con él na noite da voda.

Os “malfeitores” non tiñan respecto polas persoas. Tratábanas coma se fosen brinquedos para eles.

Tiñan que traballar para os manter e, ademais, cumprir os seus caprichos.

Mas…En Vimianzo, non só hai guerreiros. Tamén mulleres guerreiras


Todos a unha contra os malfeitores. Ao asalto das suas fortalezas

Os bispos e o alto clero tratan de asustar aos irmandinhos co lume do inferno.

O Comendador, non está tranquilo

Mas, o seu poder, é xa unha pantasma que estoupa en foguetes

O pobo, volve a sair victorioso, un ano mais.

Resiste, Soneira!!!!

Até aquí, o material que amavelmente me fixeron chegar.

Cando teña mais, volveremos a vernos.

dragon014

A Rapa das Bestas

Xullo 27, 2008 por rifenha

Facemos un paréntese no relato do Asalto, para falar de outra festa que se celebrou estes dias en Vimianzo

A Asociación Cabalar que administra os montes en man común da Toxa e mais da Valiña, celebraron no Campo da Areosa, como cada ano, a baixada, rapa e marcaxe das bestas bravas.

A festa foi o pasado fin de semana, e velaí as fotos que me chegaron aquí, à casa, para compartir con todos vós.

Veredes que houve festa, xantar, curro, e todo o demais.

É de louvar o traballo que vem facendo cada ano para que a festa vaia a mais e se conserve as tardicións e a vida nos nosos montes.


Como vedes, a festa estivo animada: Bestas, aloitadores, xantar, uns groliños de viño e dous dias de festa ao ar libre, no monte. En familia.

Se non viñestes este ano, para o que ven aguardámosvos. Vale a pena.

118

Mais fotos e mais festa

Xullo 27, 2008 por rifenha

Pois si. Hoxe vouvos traer mais fotos doAsalto 2008 e tamén algunhas do Curro do Campo da Areosa, promovido hai anos pola xente da Asociación Cabalar e que se celebrou o sábado e o domingo 19 e 20 deste mes.

-Menos mal que botamos ao Comendador.

-Si, ho. Que vaia cos demos!Non se pode aturar mais!

-Ainda ben que os botamos

-Non deixan fazer nen unha festa de casamento. Fodan-se!

-A nós non nos rouban mais os maridos na noite do casamento!

-Ai, che! Eses ricos están coma cabras!

-Pois que se fodan, que xa levaron ben.

-”Orghanisasión, irmáns. Orghanisasión!”

Lume novo para um mundo novo

Poder Popular

Os cronistas.

Bem. Com esta reprotaxe, imos deixalo por hoxe.

Como ainda teño mais materiais, irei poñendo mais de vagar.

Espero que vos goste como transcorreu a festa deste ano.E, os que non viñeron, que se animen para o ano que ven.

147.gif

As primeiras fotos

Xullo 10, 2008 por rifenha

Seguramente já tenhades visto na prensa moitas resenhas e mesmo imagens da noite do Asalto.

Consta-me que saiu com muito boa difusão nos meios, assim como as jornadas de pinchos medievais.

Estes dias, não escrevi para não vos saturar com informações, mas hoje, após uns dias de repouso, podemos fazer balanço do que foi a festa.

Em primeiro lugar, um balanço dos trocos e cousas novas incorporadas este ano:

Além das jornadas de pinchos medievais que foram um éxito até o ponto de os mesmos taberneiros não acreditar na maré de gente, há que falar da festa em si.

Por certo. Antes de nada umha anotação ao dos pinchos: O par premiado com a cea que se sorteava entre os participantes, foi um casal de catalães que passavam uns dias de férias entre nós. Já lhe foi comunicado polo telefone e quedaram em vir para cear.

Bem pois, como digo, este ano houve muitos trocos na festa, ainda que não no fundo, mas sim na forma das histórias.

Em troques de começar a Revolta por um servo castigado, este ano foi um casamento que estava sendo celebrado pola Meiga, quando irrompe por surpresa o Comendador pretendendo levar ao  noivo ao Castelo para  exercer o “direito de pernada” com ele. Com uns pós mágicos e malignos, neutraliza os poderes da meiga e foge com o infeliz e pobre noivo.

Aí empeza a verdadeira Revolta, quando o pranto da noiva, desesperada, faz que os assistentes e demais vizinhos da redonda se armem e chamem ao guerreiro e à guerreira-este ano foi a primeira vez que havia guerreiro e guerreira, como deve de ser- e, com eles, o ariete, e toda a parafernália habitual, se lancem ao assalto da fortaleça.

Houve muita gente. Os grupos de música umha maravilha, a noite estupenda e o nosso Suso Lista, Percebeiro do Roncudo, polifacético artista e pessoa entranhàvel, o narrador-guia de toda esta representação.

Aquí vos deixo umhas fotos. Mas seguiremos em contacto.
Ainda ficam cousas por contar:

A piques de celebrarem a boda, coa Meiga.

Outro plano da cerimónia


Convidadas de duvidosas intenções

A meiga e os noivos

O pranto desesperado da noiva, sozinha.

Chega o guerreiro motorizado


Os guerreiros põem-lhe as cousinhas claras ao frikie-fashion do Comendador

O povo, enaltecido, pede justiça


As mulheres, tomam posições

Os homens…Tamém?

De volta. Tudo fixe.

Os noivos, felizes

O trunfo do amor verdadeiro e do dereito do povo e do ser humano a ser feliz

Suso Lista: A palàvra que ilumina

Bem. Por hoje, abonda.

Mas comprometo-me a trazer mais fotos, videos e tudo o que ache por aí.

Apertas.

Um prazer tratar com vós.

Para os mais miúdos

Xuño 30, 2008 por rifenha

al12col16.gifara os nenos, tamén teremos actividades.
Pola tarde, haberá unha actuación da compañía Ti e mais eu teatro, que representarán a obra de guiñol: “A Bruxiña da Sorte”.
Na páxina da asociación Ti e mais eu teatro, tiramos esta información:

A Asociación Cultural Ti e máis Eu Teatro constituíuse o día 21 de Decembro de 2004 e foi dada de alta no Rexistro Central de Asociacións co número 2004/008167-1.

Son fins da Asociación

-Facer un teatro comprometido e crítico cos temas que afectan á sociedade e ás persoas individualmente.

-Fomentar o dereito que cada persoa ten a ser respectada sen distinción da súa raza, relixión, condición social ou sexual.

-Colaborar na promoción de actos a favor da liberdade, o respecto, a igualdade e todo o que signifique progreso e benestar para as persoas e o seu entorno.

Actividades

Escribimos, montamos e representamos obras de teatro e guiñol.

Organizamos e impartimos obradoiros de teatro e animación para tódalas idades.

Ano 2005

-Obra de teatro “¿Para que serven os homes?” dirixida a público adulto. (a nósa obra máis solicitada. 28 representacións)

-”Match de improvisación”: Xogo teatral para mozos/as de 12 a 16 anos.

-Obradoiro de teatro para maiores.

-Actividade de Animación á lectura.

-Obra de teatro “As Mendigas” de sensibilización social e medioambiental para tódolos públicos.

-Actividade extraescolar de teatro para alumnos/as de secundaria.

Ano 2006

-Obra de teatro “O cadro do espantallo” de conservación dos espacios naturais, para tódolos públicos. (11 representacións)

-Guiñol “A bruxiña da sorte” para nenos e nenas de 4 a 8 anos (9 representacións)

-Obra de teatro “Mulleres ás présas” para complementar calquera acto adicado á muller.

-Obradoiro de Teatro para Maiores.

-Obradoiro de Teatro Infantil.

Ano 2007

-Obra de teatro “Parella de damas”. Como afrontan dúas mulleres as dificultades laborais.

-Obradoiro de Teatro Maiores

-Funcións de teatro e guiñol en diferentes Concellos incluidas na Rede Cultural da Deputación.

Proxectos para 2008

-Escribir e realizar un guiñol para maiores baseado na integración e a autoestima.

-Escribir e realizar un guiñol para nenos e nenas coa temática da educación medioambiental.

-Montaxe dunha nova obra teatral especialmente elixida para o día da Muller e o día contra a Violencia de Xénero onde a prioridade é reivindicar que con traballo, esforzo, e sempre que nolo propoñamos, podemos acadar unha autoestima que nos axude a obter as metas desexadas.

-Participar en certames teatrais e eventos culturais, homenaxes e charlas de temática socio-cultural.

Ti e Máis Eu Teatro

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 baixo

15401- Ferrol – A Coruña

Tfnos: 677 893 176 – 677 776 342

Mail: tiemaiseuteatro@yahoo.es

Pois eso. Que ese fim de semana tamén estará instalada no Pabellón Deportivo a II Feira de empresarios de Vimianzo, onde expoñerán as empresas de toda a Costa da Morte.
Unha boa ocasión para pasar por Vimianzo e disfrutar dun sábado completo:
Feira, pinchos medievais, teatro cos cativos e Festa Irmandiña de noite.
Alguén da mais
?

Esperamos vervos pola nosa vila. E que disfrutedes todos. Grandes, pequenos, fracos e gordos.
Unha aperta vimiancesa.

 

De pinchos medievais por Vimianzo

Xuño 4, 2008 por rifenha

Pois como vos anunciaba nunha entrada anterior, este ano, hai bares e cafés que queren sumarse à festa medieval cunha semana de pinchos de época.
Deixovos os cartaces, para que poidades enterarvos ben.
Ademais, son moi bonitos.
Xa sabedes, se queredes ir de ruta medieval comendo e bebendo, pasade por Vimianzo un dia destes. Seguro que merece a pena.

Mercado Negro en contacto

Xuño 3, 2008 por rifenha

Esta é a mensaxe que recibín do grupo “Mercado Negro” cando me puxen en contacto con eles :

Olá companheiro,

é um grande prazer voltar a Galiza onde somos tão bem recebidos e poder partilhar com todos vós em Uniao, Paz nesta Festa que nos parece mágica,..vocês fazem sentirmo nos em casa.
estaremos aí dando o melhor de nós

até breve
Mercado Negro

Será unha festa das que fan historia, seguro.
Até os paxaros van bailar:

Vogel609