Estas xa son as últimas fotos que vou subir do Asalto 2009.
Espero que os que viñerom, disfrutasem e, os que non o fixerom, se animen para o ano que vén.














Estas xa son as últimas fotos que vou subir do Asalto 2009.
Espero que os que viñerom, disfrutasem e, os que non o fixerom, se animen para o ano que vén.




























Onte á tardinha, Vimianço estava totalmente posuído polo espírito da festa:
Gente ruando, cantando, na ramboia, os bares de pinchos medievais ateigados de gente, e, aló enriba, no campo da festa, os preparativos.
Como as imagens.às vezes, dizem muito mais do que as palavras, vou-vos deixar estas que fum tirando onte, entanto dava um passeinho.
Amanhã, as da festa e da troula.









Se mirastes o documento que vos deixei nunha entrada anterior, veriades que, ao longo destes doce anos, os cartaces foron mudando de estilo, autores e desenho.
O deste ano, é o de deseño mais vangardista e abstracto.
Son tres círculos,no que fican inscritas tres letras: A, C, V, que se conseguen colocando os círculos en diferentes posicións e comezan cada unha unha palabra diferente. Así de simple e minimal. Mas quedan preciosas as camisolas, sudadeiras e todo o demais.
Os seus autores son kleke,dous mozos da vila, Carlos Clerins e Maria Queiro, e levan a marca de estilo do seu taller de desenho.
Espero que vos gosten tanto como a min:
Na mesma liña, os folletos explicativos, poden darvos información das actividades seguindo o mesmo desenho do cartaz e xogando coa colocación dos circuliños:
Son unha pasada, ei?
Bon, poi xa vedes que en Vimianzo se traballa para non deixar pasar un detalle. Só espero que a festa deste ano sexa un éxito, como ven sendo habitual.
Seguiremos informando.
Sobre a semana de PINCHOS medievais nos bares da vila e outras cousas que irán abrindo paso ao gran día
Aperta.
Pois é. Gracias à colaboración e o bó entendemento entre as asociacións, puderon celebrar a festa adiada para hoxe, por mor da chuvia do día 1.
E digo gracias à colaboración, porque hoxe, houbo chuvia tamén e, como non era cousa de adiar outra vez a merenda, pediuselle emprestado o cuberto que ten no monte a Asociación Cabalar, dos criadores de bestas bravas, e ahí celebrouse a festa.
Supoño que sería unha boa troula, porque, a tal hora, ainda non baixaron do monte.
Mañán xa vos darei mais detalles, así como tamén dos grupos musicais que van vir, que xa están apalabrados.
Desde aquí agradecerlle aos “Cabaleiros” a súa colaboración. Vimianzo cada vez vai sendo unha vila mais solidaria e unida. Ese é o espírito irmandiño. Unidos sempre se gaña.
Outro día, cando quente o sol, subiremos a Castrobuxán. E beberemos nas augas frias da fonte milagreira.
Mentras tanto, celebrando xuntos, e colaborando, os pequenos milagros de cada día poden suceder mais facilmente
Apertas.
Antes de nada, dicir que a festa de Castrobuxan, por imperativos do nosso atlántico, húmido e imprevisível clima, trasladouse para o dia 11 de Maio, que, se a erva e o tempo o permiten, será un dia fermoso para ir de merenda.
Así, se algun queria ir e non lle dou tempo, ainda pode.
Bem. Aclarada esta continxencia climática, hoxe vouvos falar dunha historia non tan sanguenta como a dos irmandiños, mas tamén traballosa e dura, que xa vai polo seu decimoterceiro ano.
Son dados da Asociación AXVALSO, que van relatando estes trece anos de Asalto ao Castelo de Vimianzo. Dados que foron recollendo entodo este tempo de historia propia:
O ideario da festa, reseñas de prensa, cartaces, desde os comezos, no campo do Pazo de Trasariz, ata a ubicación actual.
Desde o primeiro ano, foise gañando experiencia, a base de esforzo, cansazo, debate, mas, sobre tudo, moita moita ilusión.
Ao fin, a ilusión é o alento dos proxectos, das empresas, dos camiños que percorremos na procura da evolución.
Para Vimianzo, supuso unha evolución a Festa do Asalto. E para toda a xente que ven, da volta ou de mais lonxe. Evoluindo a través da festa e da ilusión, o mundo será un chisquiño mellor cada día.
Bon. Deixovos coa información, porque sei que hai uns rapaces dun Instituto da ESO que esperan por ela para rematar un traballo e non os quero facer esperar. O traballo dos rapaces é sagrado. O traballo sempre é sagrado, cando é para ir a mellor.
Tamen queremos agradecerlle à fotógrafa de La Voz de Galicia, Ana García, que nos permitiu amablemente utilizar moitas das suas fotos, sobre todo, do último ano.
Este Primeiro de Maio, festa dos traballadores, a xente da Asociación AXVALSO, organiza unha marcha a Castrobuxán, un lugar máxico cunha capela da Virxe, fonte de auga sagrada e monte arredor.
Parece que esta capela, que fica no alto dun outeiro, foi noutrora un centro de ritos máxicos, para curar as doenzas da psique e outros “males estraños”.
O camiño que leva a ela, pasa a carón da muralla sur dun antigo castro. De aí o nome
Agora fica case esquecida e só se celebra misa unha vez ao ano. O camiño da fonte xa non é transitado, como era antes, e a romería desapareceu.
Castrobuxán fica a cinco km. de Vimianzo, e a xente da Asociación Axvalso,proxecta facer o primeiro de maio, um xantar con festa no alto do outeiro.
Sairá a xente que queira ir a andar, da Praza da Igrexa de Vimianzo às doce do mediodía. Os que queiran ir en transporte, a chegada dos camiñantes e comezo da festa, fica prevista para as dúas da tarde.
O prezo do xantar, incluindo viño e refrescos, será de 10 € para os maiores e de 5€ para os meniños.
Amais do xantar, haberá un concurso de tortillas, para quem queira preparar a sua e participar.
Ao rematar de comer, haberá xogos tradicionais,actividades para nen@s, paseos a cabalo e poney…
Todo esto para recaudar fondos para a festa do Asalto ao Castelo.
Se vos animades, non vos ides arrepentir, porque o sitio e a festa van ser un moi bó xeito de pasar o día do traballo.
Traballando pola cultura ao mesmo tempo que comemos, bebemos, e xogamos.
Ou botamos uns risos cos amigos.
Algún/a, se cadra, ainda bebe auga da fonte e pode ocorrerlle algo máxico e milagroso: Encontrar à persoa da súa vida, namorarse, pasarlle a dor de cabeza que lle entra ao ir para a cama co marido…Eu que sei.
En cousas de maxia, todo pode ser.
Se por fin vos animades, podedes inscribirvos en Vimianzo, nos bares: Casa Sabina, O Gato Negro,Celme,Petouco e Lagar de Xosé antes do 26 de Abril
Se non sodes de Vimianzo, tendes que contactar con alguém que coñezades e vos inscriba. Seguro que non é difícil.
Se non sabedes a ubicación, ao chegar a Vimianzo, colledes a estrada que vai a Camariñas. Pasades o lugar de Calo e, na saída,à man esquerda, hai un letreiro indicador do camiño que sobe até o sitio.
Esperamos por vós para darvos a benvida e pasalo ben.