Deixovos estoutras.
Pouco a pouco van saíndo do forno.








Deixovos estoutras.
Pouco a pouco van saíndo do forno.










Nestes días, irei subindo, pouco a pouco, as fotos do asalto e da festa. A maioria hai que as procesar para que sexam visíveis así que tende um chisco de paciencia, que saír, van saír.
Estas son as primeiras:
















he Turre’s Band é un deses grupos cos que resulta imposível non bailar.
A súa música, segundo eles mesmos comentan no seu espacio:
http://www.myspace.com/theturresband
“The Turre..s Band e un experimento sociolóxico sen precedentes que se deu ala polo ano 2001 cando 12 dos mellores músicos de tódolos tempos, fartos da monotonía existente na musica do momento decidiron innovar e dar un paso mais. Moitos lles chamaron tolos, moitos lles dixeron que non serian nada… Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir tentearías pero seguían abertas…da impresión que causaba a mezcla espectacular que fai este grupo do vento e da percusión
Xa quedaron atrás moitas duras batallas con públicos peleons que non paraban de chimpar ante a nosa musica. Entre eles grandes salas de concertos coma tubulart e liceum en Porriño, sala D..Antón en a Laracha, sala Dzine en San Sadurniño, e grandes festivais, como Reperkusión 2006, festival Rebumbio, festival a..sacho, gandarós 2007 terra brava do Incio 2007,festixeve 2007 Festival intercultural de Calaf (cataluña) 2007, así como diversas salas de Galiza.
Unha musica que non coñece de fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A súa musica vai dende o mais suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, e chegando a alegría e desenfreno dos ritmos ska e da musica balkanika, e sen esquecerse dun dos inventos mais importantes dos últimos anos (despois da tortilla de patacas con chourizo, claro) a MUIÑEIRA-SKA!!! Un extrano pero singular hibrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreno da musica ska, unha mezcla que no momento que e escoitado polo publico sinte a impetuosa obrigación de movelos pes o seu ritmo.”
Pouco mais se pode dizer sobre eles que xa non digan eles mesmos. Unha mestura explosiva de ritmo, fanfarria e colorido.

Para mostra. este botón:
A meio caminho entre a banda de música, a fanfarria o certo é que tem unha color de vila en festas, de titiriteiros daqueles da cabra, en todo caso de algo brillante, alegre, clorido. A “muiñeiraa Ska”!

segundo dos grupos que se ocupará da parte musical do asalto deste ano, é Ophiusa http://www.myspace.com/ophiusafolk
Para definir aos grupos, quem melhor que eles mesmos. Assim, da sua páxina do myspace, tirei esta definizon da sua música:
“Cóllanse por un lado os estilos musicais que catro melómanos poden ter escoitado ao longo das tres décadas que levan sobre o mundo. Inxíranse con fruición e sen deixar que arrefríen, mastíguese ben, e por último, regurxítense debidamente aderezadas cun enorme respecto pola cultura musical tradicional do noso país, tomándoa como base, pero tendo tomado antes a pílula “anti-endogámica”.
Compoñen Ophiusa 
RAMON FEANS (Chiri) : Bouzouki, guitarra, percusións, voz e programcións.
PAULO GACIO : Frauta, saxo soprano, gaita, whistles, percusións e programacións
PACO NOGUEIRAS : Acordeón, teclado, clarin, voz e programacións
TOÑO PRESEDO: Mandola
ANTON BELLO: Baixo
DANI RIVEIRO: Bateria e Percusións
Todos eles fan unha música que soa así:
música, é parte fundamental da festa, e este ano, bem representada por três grupos e um DJ.
Há para todos os gostos, como cada ano. A organizazón trata de traguer sempre grupos com jeitos de entender a música diferentes, porque a variedade é cousa boa.
Hoxe vouvos falar do primeiro grupo que aparece no cartaz. Eles son Duplo Son.
Segundo a información da sua página http://www.myspace.com/duploson , que podedes visitar, para os coñecer melhor, definense a si mesmos como:
Este é o animal que eu vos vou a describir
Vén de preto, ven de lonxe, sabe escalar e tinguir
con cores a súa pel para que poidas escoitar
o son dos lugares onde te pode levar.
Ten catorce brazos, soa a voz de muller
ao chegar o solpor gosta de aparecer
paseniño e nun momento, sen poder pensar
ao atopar as súas pegadas xa estas a bailar
Este é o animal que eu vos vou describir
quen lle deu a voz sen fume foi a Anahi
co aire de Brandam que o pon a resoplar
e Tono con postura polo baixo o fai vibrar
Jorge o ten cuberto de acordes por rasgar
Dani ponlle acento e así o fai camiñar
Tarteiras e Charlie repercuten con fusión.
Este é o animal que se chama Duplo Son.
Javier Ferreirós
Clarinete, baixo, batería, percusions, e a voz de Anahí, ofrecen , segundo as suas propias palabras
…unha transfusión persoal sen ningún prexuizo dende as arterias da música funky, do latin, o jazz, os sons mestizos, e todo o que queda por descubrir.
Música para escuitar, bailar, sentir os ritmos da noite facendo cóxegas nos pés e no corazón.
Um grupo para non perder.
Amañá contareivos cousas do segundo dos grupos.
Unha aperta desde Vimianzo, Terra de Soneira, Costa da Morte, na Galiza