Archive for the ‘A Historia’ Category

As últimas deste ano

Xullo 8, 2009

Estas xa son as últimas fotos que vou subir do Asalto 2009.

Espero que os que viñerom, disfrutasem e, os que non o fixerom, se animen para o ano que vén.

3696990059_cbc97b5c63_b3701278053_cc62c088b2_b

3697804342_b025c04ab3_b

3697795514_7b87da7f28_b

3697779690_bd63a22ee7_b

3697015141_bf2ff4af75_b3696991855_2733926677_b3697032241_76c0a36031_b3697900728_7ddb144e9b_b3697129161_45dd678625_b3702114262_282d8c3c2d_b-13697944230_0eeebf3ab2_b3701355199_f9ceffda20_b3701287029_828369e484_b

Outra tanda de fotos

Xullo 7, 2009

Pois. Outra tanda das que aínda quedan.

Como vedes, participou todo o mundo e houbo moito entusiasmo:

3697863764_bc8f9c9306_b3697862040_cf9567fcc1_b3697858382_e233545089_b3697856622_5c74f044f9_b3697854716_0c71a06d89_b3697853148_5aa5527195_b3697851230_9c1d64fb96_b3697849100_b10565595a_b3697844602_6e9cd0408b_b3697842686_c87233c886_b3697364085_b892143751_b3697344811_788ed497f2_b3697055813_308a130b30_b3697050325_96780432c7_b3697036705_00fb565b86_b

Segundas Xornadas de Pinchos Irmandinhos

Xullo 1, 2009

belsh(1)

CDonforme se achega o día,van empezando as actividades. Hoxe vouvos contar como vai o dos pinchos irmandiños este ano.

A organizazon dos bares da vila de Vimianzo que participan, informa:

Bases para a participación
nas II xornadas dos pinchos
irmandiños

As xornadas desenvolveranse do xoves 2 ao sábado 4
de xullo.
Haberá un premio ao mellor pincho que será outorgado
polo público a un só establecemento e patrocinado por
MAHOU.
Cada establecemento participará cun só pincho.
Os establecementos deberán ter o pincho a dispor do
publico en horario de 11:30 h. a 14:30 h. e de 19 h. a 21h.
No caso de non ter o pincho nese horario o local quedará
descualificado.
Ao tratarse de pinchos medievais só se poderán utilizar
ingredientes que existiran na Idade Media, é dicir, antes
de que se descubrise América.
Cada establecemento terá unha furna na que o público
poderá depositar o seu voto.
O público poderá votar utilizando uns cupóns que
estarán xunto as furnas.
Só se admitira un voto por persoa en cada establecemento.
As papeletas deberán ter o DNI para que sexan válidas.
O publico participante disporá dunha tarxeta cun plano
no que figurará a localización de todos os establecementos
participantes. En cada local selarán esta tarxeta e o
participante que consiga ter selada a tarxeta por todos
os locais participará no sorteo do peso da persoa
gañadora en produtos MAHOU.
Unha vez selada a tarxeta depositarase en calquera das
furnas.
As furnas recolleranse o Sábado 4 as 22 h.
A entrega do premio farase o martes 7 de xullo as 13 h.
diante os medios de comunicación da zona.

Agora vouvos contar cales son os pinchos que vai poñer cada bar. Mmmmmmmmmm!!!!!!!!! No Medievo comíase ben.

Os que comían, claro.


II XORNADAS DO PINCHO IRMANDIÑO VIMIANZO 2009

Os sete locais que participamos nas II Xonadas do Pincho Irmandiño agradece de ante man a difusión destas xornadas nos vosos distintos medios, e recordarvos que estas xornadas distan moito dos típicos concursos de tapas xa que teñen coma únicos ingredientes, produtos que había en Galicia na Idade Media, e decir,  antes do descubremento de America.

A continuación detallovos o nome do local e o pincho co seu respectivo nome.

CELME CAFÉ: O Desexo de Xoana de Castro (Chourizo Criollo sobre base de pan de        broa con salsa de verduras)

CAFÉ D´LO: O Potaxe da Revolta (Guiso de porco con verduras)

CHEERS: Chipirons Irmandiños (Chipirons con salsa de gambas)

QUILMES: A Raxada dos Altamira (Raxo con setas)

Os Riles dos Moscosos (Riles encebolados con setas)

CASA SABINA: O tesouro de Alonso de Fonseca (Filloa rechea de porco celta con         mollo de pemento)

O guiso dos Herdeiros de Traba (guiso de polo con setas)

O CASTILLO: Filloa do conde de Altamira (Filloa rechea de afumados)

Roliño do Marques de Almeiras (Porco recheo de xamón serrano e quiexo)

VIA RAPIDA: Pernada do Señor Feudal (Pernil de porco de Carantoña, pementos de Fumiñeu e mollo de cogumelos de Covaladrons)

Ambrosia da Serea Mariña (Cazola de fideus con berberechos de Xaviña e mexillons das Lobeiras con gambas de ultramar)

Pois eu xa non digo mais. Aí queda eso. Xoves, venres e sábado. Tres días para degustar uns pinchiños e dar unha volta por Vimianzo. Mañán é feira, así que é unha boa ocasión para dar unha voltiña e empezar.

cartel2_def.ai

De pinchos medievais por Vimianzo

Xuño 4, 2008

Pois como vos anunciaba nunha entrada anterior, este ano, hai bares e cafés que queren sumarse à festa medieval cunha semana de pinchos de época.
Deixovos os cartaces, para que poidades enterarvos ben.
Ademais, son moi bonitos.
Xa sabedes, se queredes ir de ruta medieval comendo e bebendo, pasade por Vimianzo un dia destes. Seguro que merece a pena.

Todo perdido

Marzo 12, 2008

Así é. No 1469, a guerra decántase para o lado do señores e o soño de liverdade e igualdade que floreceu na Galiza desde o século XII atè ben avanzado o XV, rematou dunha maneira brusca e traumática para o povo.

Foi a primeira gran derrota do povo galego, tamén a testemuña da sua forza, capacidade organizativa e solidariedade entre as clases populares.

page_8.jpg

1bird36-med.jpg

Os avoitres volven, para seguiren devorando o froito do trabalho 350px-Hakenbuechse.png

Na loita, todo o mundo participa

Marzo 9, 2008

page_7.jpg

A xente, cando loita unida e organizada por unha causa xusta, ten o poder da razon nas suas mans. En todas as épocas da historia


20030223_178nunca_mais_madrid590.jpg

E a loita continua durante dous anos…

Marzo 9, 2008

page_6.jpg

Entre 1.467 e 1.489, os Irmandiños loitaron contra os señores feudais, defendendo os seus intereses frente ao abuso dos señores


83-img_4774-180821-16122006.jpg

Os falcons foxen

Marzo 9, 2008

page_5.jpg

fuego

Os gorrions perseguen aos falcons

Marzo 8, 2008

page_4.jpg

Como se organizaban os Irmandiños:

Á cabeza das Irmandades correspondíalle ás Xuntas de Irmandade, xuntanzas dos procuradores das Irmandades locais e de representantes de sectores achegados a elas, delas emanaban as decisións de goberno pero era o alcalde de cada Irmandade local o encargado de executala coa axuda dos cuadrilleiros que tiñan o mando sobre unha mesnada de cen homes.

Os capitáns, Alonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio, eran os encargados da dirección militar da Irmandade.

Moito mudamos co tempo…!

Inge20Bird20Right Inge20Bird20Left attackeagle

OS SEÑORES DA GUERRA

Marzo 7, 2008

page_3.jpg

A Galiza, era unha terra sen lei. Os señores cabalgaban armados e non respetaban nada. Os prelados tiñan poder absoluto sobre as vidas da xente do común.

Neste texto, tirado do preito entre o bispo Alonso III de Fonseca e o seu sucesor Juan Tabera, recóllense algunhas das testemuñas da realidade cotiá do povo galego, ademais das malas colleitas, a peste e a dureza do traballo:

“Os señores prelados e cabaleiros do dito reino (…) facíanlles moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles os seus bois e bestas e forzábanlles as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como nas súas fortalezas (Extraído do Preito Tabera-Fonseca, Fol. 1104 v) “

Os cabalos da guerra, desbócanse, e comezan os preparativos para formar unha Irmandade Xeral

96.jpg