Xa está aquí a XIV Edición!!!

By rifenha

ASALTO23 A13A

Pois é. Xa está todo preparado para a festa irmandiña do asalto à fortaleza dos Moscoso este ano en Vimianzo.

O que comezou hai catorce anos como um pequeniño e familiar festival folk, foi medrando e collendo vida propia, até se converter nun dos referentes do verán da Costa da Morte e da Galiza enteira.

É de agradecer o traballo desinteresado de toda a xente que participa na organización, movida únicamente polo entusiasmo e a vontade de abrir portas a través da cultura, a historia e a festa, neste pequeno e afastado recanto do mundo onde os deuses, ou quem queira que for, nos ubicou para que poidésemos disfrutar da sua brava beleza e da forza telúrica da terra e o mar do fin do mundo.

Para que vaiades abrindo boca, vouvos deixar o documento que me acaban de pasar coa información dos grupos e demais detalles:

ASALTO Ó CASTELO
04/07/09-VIMIANZO

INTRO
En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve  a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor  do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Os anos pasan e os séculos corren e entrando no novo milenio seguimos a preguntarnos cómo son os irmandiños de hoxe, en qué traballan, a quén temen, cales son os seus pesares e porque calan?, e quen son os señores, onde están, que defenden , a quen acusan, e por qué  abusan …

No século XXI, segue mais vixente que nunca a idea revolucionaria dos irmandiños, e nós os recordamos revivindo unha adaptación libre desa rebeldía, con humor, con música, con  festa e con  teatro ó aire libre…

Ven e descubre  as personaxes que abren novos mundos, únete a eles para asaltar o castelo,  alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza  e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una nota máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

PROGRAMA
20.30 Apertura da COCIÑA

22.30 Comezo Concertos

DUPLO SON

Media noite: ASALTO Ó CASTELO

OPHIUSA
THE TURRE´S BAND
PINCHA/DJ
Freando a esteso

OUTROS
ENTRADA DE BALDE
ZONA DE ACAMPADA LIBRE
SERVIZO DE COCIÑA
CARPA

II XORNADA DE PINCHOS IRMANDIÑOS .
Recorre os bares de Vimianzo probando os diferentes pinchos irmandiños a 1,50 euro.

PASAR Ó DÍA NA COMARCA
-Recorre o castelo de Vimianzo e descubre o arte en vivo dos artesáns da zona, dende Oleiros  a canteiros, dende as encaixeiras ás cesteiras.
-Practica unha ruta de sendeirismo polos sorprendentes Penedos de Pasarela, descubre as magníficas rochas con formas antropomórficas
-Visita os interesantes monumentos megalíticos do Concello e a Comarca.
- E se non queres facer nada, pasa o día tirado en calquera das idílicas e solitarias praias que rodean o concello…

Como vedes, a cousa pinta moi pero que moi ben. Así que…Non o pensedes mais, que tendes um moi bó , lúdico e reivindicativo plan para o 4 de Xullo e os días anteriores, de pinchos medievais.

Durante estes días, irei informándovos de mais cousas. Pasade por aquí, pola eira virtual, de vez en cando, para ver as novidades.

Apertas irmandiñas desde Vimianzo, na Terra de Soneira.



4draakglow

Etiquetas: , , ,

Deixa un comentario