Arquivo de Xuño, 2009

The Turre’s Band

Xuño 25, 2009

THE TURRE'S BAND 1.jpeg

TDhe Turre’s Band é un deses  grupos cos que resulta imposível non bailar.

A súa música, segundo eles mesmos comentan no  seu espacio:

http://www.myspace.com/theturresband

“The Turre..s Band e un experimento sociolóxico sen precedentes que se deu ala polo ano 2001 cando 12 dos mellores músicos de tódolos tempos, fartos da monotonía existente na musica do momento decidiron innovar e dar un paso mais. Moitos lles chamaron tolos, moitos lles dixeron que non serian nada… Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir tentearías pero seguían abertas…da impresión que causaba a mezcla espectacular que fai este grupo do vento e da percusión

Xa quedaron atrás moitas duras batallas con públicos peleons que non paraban de chimpar ante a nosa musica. Entre eles grandes salas de concertos coma tubulart e liceum en Porriño, sala D..Antón en a Laracha, sala Dzine en San Sadurniño, e grandes festivais, como Reperkusión 2006, festival Rebumbio, festival a..sacho, gandarós 2007 terra brava do Incio 2007,festixeve 2007 Festival intercultural de Calaf (cataluña) 2007, así como diversas salas de Galiza.

Unha musica que non coñece de fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A súa musica vai dende o mais suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, e chegando a alegría e desenfreno dos ritmos ska e da musica balkanika, e sen esquecerse dun dos inventos mais importantes dos últimos anos (despois da tortilla de patacas con chourizo, claro) a MUIÑEIRA-SKA!!! Un extrano pero singular hibrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreno da musica ska, unha mezcla que no momento que e escoitado polo publico sinte a impetuosa obrigación de movelos pes o seu ritmo.”

Pouco mais se pode dizer sobre eles que xa non digan eles mesmos. Unha mestura explosiva de ritmo, fanfarria e colorido.

Turresband

Para mostra. este botón:


A meio caminho entre a banda de música, a fanfarria o certo é que tem unha color de vila en festas, de titiriteiros daqueles da cabra, en todo caso de algo brillante, alegre, clorido. A “muiñeiraa Ska”!

m_409f60bf8b54d8bb7d0d00b9106e0757


Ophiusa

Xuño 24, 2009

OD segundo dos grupos que se ocupará da parte musical do asalto deste ano, é Ophiusa http://www.myspace.com/ophiusafolk

Para definir aos grupos, quem melhor que eles mesmos. Assim, da sua páxina do myspace, tirei esta definizon da sua música:

“Cóllanse por un lado os estilos musicais que catro melómanos poden ter escoitado ao longo das tres décadas que levan sobre o mundo. Inxíranse con fruición e sen deixar que arrefríen, mastíguese ben, e por último, regurxítense debidamente aderezadas cun enorme respecto pola cultura musical tradicional do noso país, tomándoa como base, pero tendo tomado antes a pílula “anti-endogámica”.

Compoñen Ophiusa
RAMON FEANS (Chiri)
: Bouzouki, guitarra, percusións, voz e programcións.

PAULO GACIO
: Frauta, saxo soprano, gaita, whistles, percusións e programacións

PACO NOGUEIRAS
: Acordeón, teclado, clarin, voz e programacións

TOÑO PRESEDO:
Mandola

ANTON BELLO:
Baixo

DANI RIVEIRO:
Bateria e Percusións

Todos eles fan unha música que soa así:

lijn52

Os grupos deste ano. Duplo Son

Xuño 22, 2009

AD música, é parte fundamental da festa, e este ano, bem representada por três grupos e um DJ.

Há para todos os gostos, como cada ano. A organizazón trata de traguer sempre grupos com jeitos de entender a música diferentes, porque a variedade é cousa boa.

Hoxe vouvos falar do primeiro grupo que aparece no cartaz. Eles son Duplo Son.

Segundo a información da sua página http://www.myspace.com/duploson , que podedes visitar, para os coñecer melhor, definense a si mesmos como:

Este é o animal que eu vos vou a describir
Vén de preto, ven de lonxe, sabe escalar e tinguir
con cores a súa pel para que poidas escoitar
o son dos lugares onde te pode levar.

Ten catorce brazos, soa a voz de muller
ao chegar o solpor gosta de aparecer
paseniño e nun momento, sen poder pensar
ao atopar as súas pegadas xa estas a bailar

Este é o animal que eu vos vou describir
quen lle deu a voz sen fume foi a Anahi
co aire de Brandam que o pon a resoplar
e Tono con postura polo baixo o fai vibrar

Jorge o ten cuberto de acordes por rasgar
Dani ponlle acento e así o fai camiñar
Tarteiras e Charlie repercuten con fusión.
Este é o animal que se chama Duplo Son.


Javier Ferreirós



Clarinete, baixo, batería, percusions, e a voz de Anahí, ofrecen , segundo as suas propias palabras
…unha transfusión persoal sen ningún prexuizo dende as arterias da música funky, do latin, o jazz, os sons mestizos, e todo o que queda por descubrir.

Música para escuitar, bailar, sentir os ritmos da noite facendo cóxegas nos pés e no corazón.

Um grupo para non perder.

Amañá contareivos cousas do segundo dos grupos.

Unha aperta desde Vimianzo, Terra de Soneira, Costa da Morte, na Galiza

whitestarline.gif

O cartaz

Xuño 19, 2009

Os cartaces son unha parte importante, porque levan o resumo en imaxes da esencia e da existencia da festa de cada ano.

Deixovos o deste ano. Moi diferente ò do ano pasado no estilo, mas tamen moi vistoso e significativo.

Este ano, saíu um chisco “guerníkico”. Tem muito movemento e dramatismo.

Amanhã empezarei a contarvos algo dos grupos, da súa música e todo eso.

Saudiña e sorte a todos.

CARTELES ASALTO O CASTELO 2009 pekeño

Xa está aquí a XIV Edición!!!

Xuño 19, 2009

ASALTO23 A13A

Pois é. Xa está todo preparado para a festa irmandiña do asalto à fortaleza dos Moscoso este ano en Vimianzo.

O que comezou hai catorce anos como um pequeniño e familiar festival folk, foi medrando e collendo vida propia, até se converter nun dos referentes do verán da Costa da Morte e da Galiza enteira.

É de agradecer o traballo desinteresado de toda a xente que participa na organización, movida únicamente polo entusiasmo e a vontade de abrir portas a través da cultura, a historia e a festa, neste pequeno e afastado recanto do mundo onde os deuses, ou quem queira que for, nos ubicou para que poidésemos disfrutar da sua brava beleza e da forza telúrica da terra e o mar do fin do mundo.

Para que vaiades abrindo boca, vouvos deixar o documento que me acaban de pasar coa información dos grupos e demais detalles:

ASALTO Ó CASTELO
04/07/09-VIMIANZO

INTRO
En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve  a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor  do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Os anos pasan e os séculos corren e entrando no novo milenio seguimos a preguntarnos cómo son os irmandiños de hoxe, en qué traballan, a quén temen, cales son os seus pesares e porque calan?, e quen son os señores, onde están, que defenden , a quen acusan, e por qué  abusan …

No século XXI, segue mais vixente que nunca a idea revolucionaria dos irmandiños, e nós os recordamos revivindo unha adaptación libre desa rebeldía, con humor, con música, con  festa e con  teatro ó aire libre…

Ven e descubre  as personaxes que abren novos mundos, únete a eles para asaltar o castelo,  alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza  e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una nota máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

PROGRAMA
20.30 Apertura da COCIÑA

22.30 Comezo Concertos

DUPLO SON

Media noite: ASALTO Ó CASTELO

OPHIUSA
THE TURRE´S BAND
PINCHA/DJ
Freando a esteso

OUTROS
ENTRADA DE BALDE
ZONA DE ACAMPADA LIBRE
SERVIZO DE COCIÑA
CARPA

II XORNADA DE PINCHOS IRMANDIÑOS .
Recorre os bares de Vimianzo probando os diferentes pinchos irmandiños a 1,50 euro.

PASAR Ó DÍA NA COMARCA
-Recorre o castelo de Vimianzo e descubre o arte en vivo dos artesáns da zona, dende Oleiros  a canteiros, dende as encaixeiras ás cesteiras.
-Practica unha ruta de sendeirismo polos sorprendentes Penedos de Pasarela, descubre as magníficas rochas con formas antropomórficas
-Visita os interesantes monumentos megalíticos do Concello e a Comarca.
- E se non queres facer nada, pasa o día tirado en calquera das idílicas e solitarias praias que rodean o concello…

Como vedes, a cousa pinta moi pero que moi ben. Así que…Non o pensedes mais, que tendes um moi bó , lúdico e reivindicativo plan para o 4 de Xullo e os días anteriores, de pinchos medievais.

Durante estes días, irei informándovos de mais cousas. Pasade por aquí, pola eira virtual, de vez en cando, para ver as novidades.

Apertas irmandiñas desde Vimianzo, na Terra de Soneira.



4draakglow