Pois é. Xa non falta todo.
Este ano a música ven da man de tres grupos moi diferentes, así que eu penso que vai haber para o gosto de todos.
Vouvos ir presentanto os grupos, comezando polo grupo galego, de Compostela, chamado Xúa.
Segundo suas propias palabras:
“XÚA! nace da experiencia previa dos seus componentes como arranxistas, músicos de sesión e banda de acompañamento doutros artistas (Fía Na Roca, Paloma Suanzes, Anubía etc…); e do desexo de traballar nun proxecto musical de seu. O espírito deste proxecto musical reivindica a cualidade artesá do oficio de músico e a dignidade do mesmo.
PRESENTACIÓN DO NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO DO GRUPO XÚA!
O grupo vén de presentar o seu primeiro disco, baseado na tradición galega revisitada e as composicións propias, sen pechar as portas a outras posibilidades (olladas a outras tradicións ou estilos musicais). Este disco foi gravado no estudio da discográfica Sons Galiza e conta coas colaboracións dos músicos: Maruxa Zaera (pandeiretas), Paulo Gacio (saxo soprano) e Carlos Freire, (percusións).”
Deixovos a ligazon ao seu myspace, onde podedes coñescer mellor todo o referenta a eles:
http://www.myspace.com/xuamusica
Ou tamen a información de Sons Galiza:
“Xúa son un quinteto novo de moita experiencia. Novo porque debutan discográficamente como grupo, pero individualmente os seus compoñentes teñen participado en diferentes experiencias musicais que van desde tocar con grupos de longa historia como Brath ou Fía na Roca hasta actuar con agrupacións máis novas como Anubía ou Driade. Estas moitas horas de escenario nótanse nunha banda que, aínda que basa a súa filosofía sonora na tradición do folk galego, non renuncia a incorporación de ritmos procedentes doutras disciplinas artísticas que cheiran a jazz ou a funk. Tampouco renuncia o combo a aproveitar sons doutras culturas, como é o caso dos ritmos eslavos que se poden escoitar e que, supoñemos, proceden de Vazdim Yukhnevich, que se encarga do acordeón de botóns.
Outra das características de Xúa é a preeminencia da voz humana, neste caso a da estupenda Nuria de León, que é o vehículo dunhas letras que navegan por moitos temas diferentes. Xúa gravou o que se poden denominar como metacancións, posto que falan do que significa o oficio de músico, concretamente das loitas que moitas veces se establecen co instrumento no momento das afinacións. Neste mesmo campo artístico, os Xúa tamén falan dos que se dedican a cantar en «Cencantares» e dos afeccionados ao baile en «Non mirai». A banda tamén trata outra das características históricas dos músicos en Galicia: a lingua do barallete. O propio nome do grupo é unha palabra do barallete, posto que «xúa» significa «lume». A xerga era empleada con diferentes variacións por todolos oficios que tiñan un carácter ambulante como afiadores, capadores, paragüeiros ou os propios músicos.
Xúa tamén deixou sitio no seu primeiro disco para a literatura. A banda adaptou poemas como «Illas» de Celso Emilio Ferreiro, unha composición de García Lorca como «Danza da lúa en Santiago», que o grupo rebautizou como «Xotalúa», e unha traducción-adaptación dun texto de Eduardo Galeano titulado «Patas arriba» que Xúa bautizou como «Pregóns da lanterna máxica».
Con todos este mimbres musicais e literarios, o debú de Xúa é sorprendente pola súa madurez musical, o que os salvou de cometer os erros clásicos de principiantes e facturar un disco moi sólido e disfrutable en tódolos os seus aspectos: composición, execución e producción.
Bem. Agora Xa só me falta deixar unha mostra de como soa Xúa, para os que non queiran pasar polo myspace. Personalmente, encántame o seu son de vento nos bosques, de auga que cae, de dóce bravura atlántico-galaica.
Eles prometeronme que me enviarian a gravazon da súa próxima actuazon, o 21 deste mes, en Celanova.
En canto o teña, poreino aquí, para que podades escoitar e ver.
Mañán contareivos quen é o segundo grupo.Totalmente diferente.
Etiquetas: festa irmandiña, grupos, música, Vimianzo, Xúa


