Antes de nada, dicir que a festa de Castrobuxan, por imperativos do nosso atlántico, húmido e imprevisível clima, trasladouse para o dia 11 de Maio, que, se a erva e o tempo o permiten, será un dia fermoso para ir de merenda.
Así, se algun queria ir e non lle dou tempo, ainda pode.
Bem. Aclarada esta continxencia climática, hoxe vouvos falar dunha historia non tan sanguenta como a dos irmandiños, mas tamén traballosa e dura, que xa vai polo seu decimoterceiro ano.
Son dados da Asociación AXVALSO, que van relatando estes trece anos de Asalto ao Castelo de Vimianzo. Dados que foron recollendo entodo este tempo de historia propia:
O ideario da festa, reseñas de prensa, cartaces, desde os comezos, no campo do Pazo de Trasariz, ata a ubicación actual.
Desde o primeiro ano, foise gañando experiencia, a base de esforzo, cansazo, debate, mas, sobre tudo, moita moita ilusión.
Ao fin, a ilusión é o alento dos proxectos, das empresas, dos camiños que percorremos na procura da evolución.
Para Vimianzo, supuso unha evolución a Festa do Asalto. E para toda a xente que ven, da volta ou de mais lonxe. Evoluindo a través da festa e da ilusión, o mundo será un chisquiño mellor cada día.
Bon. Deixovos coa información, porque sei que hai uns rapaces dun Instituto da ESO que esperan por ela para rematar un traballo e non os quero facer esperar. O traballo dos rapaces é sagrado. O traballo sempre é sagrado, cando é para ir a mellor.
Tamen queremos agradecerlle à fotógrafa de La Voz de Galicia, Ana García, que nos permitiu amablemente utilizar moitas das suas fotos, sobre todo, do último ano.
