Arquivo de Maio, 2008

Aviso de Xúa

Maio 23, 2008

Xúa acaba de mandarme esta mensaxe:

“Ola , hoxe pola noite as 12:40, botan o noso concerto que gravamos o mércores en Celanova pola televisión de Galiza, neste concerto colaboraron con nós Xabier Díaz, Iván Costa e Carlos Freire, esperamos que o disfrutes.”

Transmítovos o aviso, por se queredes ver o concerto. Seguro que paga a pena.

barra_82.gif

 

 

Para rematar

Maio 22, 2008

Para rematar coa relación de grupos musicais, a traca final, que, despois de que a fortaleza dos Moscoso se rinda, porã a proba a nosa fortaleza. A física, digo. Porque o grupo que fechará  a festa será o grupo formado por:

Luis: Voz, Guitarra Acústica, Banjo e Mandolina 
José: Guitarra Eléctrica, Coros, Mandolina e Banjo
Adrián: Baixo e Coros 
Quintá: Acordeón Diatónico, Fiddle e Coros 
Xose Lois: Mandolina e Banjo 
María: Violín
Manolo: Acordeón 
Josoleo: Bombo, Caixa, Timbal e Platillos

Chamanse Motor Perkins, e son, realmente un motor de ritmo, humor e festa.

Deixovos a sua versiõn de como naceu o grupo, tirada do myspace de Motor Perkins:

 

 

Iamos dous fulanos camiñando nun fermoso día por un frondoso e coñecido Souto da parroquia de Donramiro. Non levábamos ningún saco de plástico porque nin tiñamos a intención nin precisabamos recoller nada. Foi nun breve lapsus cando, de súpeto, estouparon diante das nosas narices varias castañas, largando por doquier e de xeito omnidireccional as espiñas dos seus ourizos coma se fosen tal metralla dunha bomba de fragmentación.         

Ainda non acabaramos de sacudirnos cando, da enorme e singular nube de polvo producida, apareceu un individuo con gafas e media melena prototipo Santa Baia; tan sorprendido coma nos, este fulano estableceu para a sua defensa unha interesante e marcial postura (intuimos que era discípulo do mismísimo Mestre Brun-Dí). Nesa defensora pose lucía un amenazante arsenal constituido por dous anacos de madeira de sapelli, torneados por él mesmo, a modo de pau para bater contra algo (agora sabemos que a esa ¡pfffee! loitadora arma chámase baqueta). Consigo este elemento traía nunha pequena caixa unha especie de individuo que prefería parecerse a un galo antes que ao resto da sua familia, pero ainda así o mantiña un vínculo familiar forte gracias a catro cordas de aceiro.

Arrastrados por unha extrana, sobrenatural e tifónica forza italiana (concretamente da zona de Lombardía) vímonos irremediablemente catapultados no espacio-tempo para, intres despois, aparecer dentro dunha formación estructural de pedra e tella (comunmente chamada casa) o carón dunhas formacións estructurais de certa similitude, pola pedra e a tella, pero ben diferneciadas por un altivo instrumento campaniforme que emite sonidos con certa cadencia para chamar aos parroquianos a entrar no redil (comunmente chamadas igrexas). Non e raro ni nde estranarse que apareceramos na parte inferior desa estructura, antigamente empregada para gardar animais (comunmente chamada corte), o que si que non e tan común foi aparecer cuns aparellos emisores de sonidos entre as nosas mans…

Pouco a pouco foron uníndose os máis estranos fenómenos, un que traia unha especie de máquina de escribir cun fol, outro que traía outro fol cunha frauta incorporada, un tio con anacos de madeira con buratiños polos que soprar ou tapar, outro con algo chamado fiddle que nos sempre pensamos que era un violín, ou incluso ate un instrumento algo así como un tambor con cordas de aceiro… vamos, as cousas típicas que poden atoparse nunha lonxana parroquia chamada Doade. 

Tempo despois algúns din que seica facemos música; outros, máis acordes coa situación sónica moi distante da nova banda de Vilatuxe, califícanos de ruido; tamén hainos moi guerrilleiros e nostálxicos e din que estamos a loitar; non faltarán no povo capitalino os que, nun apretón escocedor da sua almorrana, din que estamos a facer o parvo… E nos mentres tanto seguimos a pasalo ben. 

Todo o demáis é tan común que carece de importancia.

De certo que o nome de Motor Perkins, vaille que nen pintado. Motores que moven a nosa Galiza rural, para labrar as campias, roturar as terras e deixalas preparadas para a semente.

Deberedes deixar unha boa reserva de energia para o fin de festa.

Agradeceredes a recomendación cando non vos podades resistir à forza do motor Perkins.

Deixovos o enderezo do seu myspace, por se os queredes coñecer mellor:

O dito: O motor Perkins é moito motor…

 

 

Seguimos coa música

Maio 16, 2008

O seguinte grupo que ven, é un grupo de mozos angolanos, mas que moran en Portugal. Eles fan un reggae que, segundo suas palabras, soa a ” Viagem, Sonho, Amor, Energia, Partilha…brilhozinho nos olhos, original Mercado Negro! “

Ten dous traballos no mercado:

Mercado Negro, do 2004

Aquecimento global, do 2006

A sua é unha música rítmica, alegre, optimista, como só os africanos poden facer.
Conta historias máxicas, do sol e da lúa,


“O Sol e a Lua
Combinaram um dia um encontro
Porque se dizia
Completavam-se um ao outro
O Sol, teimoso como sempre
Nasceu no Ocidente
Desposto a conquistar
Pensado que em qualquer rua
Estaria a lua para o abraçar
Mas a Lua não apareceu
E no canto do céu
O Sol se encondeu.
Trsite, sozinho e distânte
Foi cantando esta canção:
Oh Lua!
Não me ligas nenhuma!
Oh Lua!
Não me ligas nenhuma!”

Do seu segundo traballo:

Aquecimento Global

É urgente parar com tudo o que prejudica o planeta,

é urgente parar pra evitar efeitos piores, incontornáveis e irrevessíveis.

Todos os dias, nos jornais na televisão

Notícias de deixar o coração entre as mãos

Numa parte do globo, cheias, inundações

Noutra parte do globo, secas, complicações

O homem caminha fingindo, até quando?

Como avestruz com a cabeça enterrada

Enquanto alterações climáticas e ambientais

Provocam desequilíbrios à escala mundial

Quem com fogo brinca, com fogo queima-se

É preciso parar e encontrar a solução

Quem com fogo brinca, com fogo queima-se

Amanhã já é tarde, é urgente união

É obrigatório agir, não enganam os relatórios

Aos olhos de todos, como num miradouro

Nosso planeta, é nosso tesouro

Vamos dar um grito sonoro, todos em coro

Tanta brutalidade, atrocidades

Só trazem calamidade, debilidade

É melhor prevenir e emendar os costumes

E viver com dignidade

O Pior cego é aquele que olha e não quer ver.

Deixovos um videoclip deste último trabalho:

Leõa Tigresa


Tem moi boa pinta. Penso que vai ser umha pasada bailar e escoitar ese reggae tan especial. Espero que vos acheguedes a Vimianzo. Vai ser unha festa rachada.E, ademais, con música variada e de calidade

Ainda falta outro grupo.

Cóntovos mañan.

SOLE012.GIF luna%202.gif

Xa temos a música

Maio 14, 2008

Pois é. Xa non falta todo.

Este ano a música ven da man de tres grupos moi diferentes, así que eu penso que vai haber para o gosto de todos.

Vouvos ir presentanto os grupos, comezando polo grupo galego, de Compostela, chamado Xúa.

Segundo suas propias palabras:

“XÚA! nace da experiencia previa dos seus componentes como arranxistas, músicos de sesión e banda de acompañamento doutros artistas (Fía Na Roca, Paloma Suanzes, Anubía etc…); e do desexo de traballar nun proxecto musical de seu. O espírito deste proxecto musical reivindica a cualidade artesá do oficio de músico e a dignidade do mesmo.

PRESENTACIÓN DO NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO DO GRUPO XÚA!

O grupo vén de presentar o seu primeiro disco, baseado na tradición galega revisitada e as composicións propias, sen pechar as portas a outras posibilidades (olladas a outras tradicións ou estilos musicais). Este disco foi gravado no estudio da discográfica Sons Galiza e conta coas colaboracións dos músicos: Maruxa Zaera (pandeiretas), Paulo Gacio (saxo soprano) e Carlos Freire, (percusións).”

Deixovos a ligazon ao seu myspace, onde podedes coñescer mellor todo o referenta a eles:

http://www.myspace.com/xuamusica

Ou tamen a información de Sons Galiza:

Xúa son un quinteto novo de moita experiencia. Novo porque debutan discográficamente como grupo, pero individualmente os seus compoñentes teñen participado en diferentes experiencias musicais que van desde tocar con grupos de longa historia como Brath ou Fía na Roca hasta actuar con agrupacións máis novas como Anubía ou Driade. Estas moitas horas de escenario nótanse nunha banda que, aínda que basa a súa filosofía sonora na tradición do folk galego, non renuncia a incorporación de ritmos procedentes doutras disciplinas artísticas que cheiran a jazz ou a funk. Tampouco renuncia o combo a aproveitar sons doutras culturas, como é o caso dos ritmos eslavos que se poden escoitar e que, supoñemos, proceden de Vazdim Yukhnevich, que se encarga do acordeón de botóns.

Outra das características de Xúa é a preeminencia da voz humana, neste caso a da estupenda Nuria de León, que é o vehículo dunhas letras que navegan por moitos temas diferentes. Xúa gravou o que se poden denominar como metacancións, posto que falan do que significa o oficio de músico, concretamente das loitas que moitas veces se establecen co instrumento no momento das afinacións. Neste mesmo campo artístico, os Xúa tamén falan dos que se dedican a cantar en «Cencantares» e dos afeccionados ao baile en «Non mirai». A banda tamén trata outra das características históricas dos músicos en Galicia: a lingua do barallete. O propio nome do grupo é unha palabra do barallete, posto que «xúa» significa «lume». A xerga era empleada con diferentes variacións por todolos oficios que tiñan un carácter ambulante como afiadores, capadores, paragüeiros ou os propios músicos.

Xúa tamén deixou sitio no seu primeiro disco para a literatura. A banda adaptou poemas como «Illas» de Celso Emilio Ferreiro, unha composición de García Lorca como «Danza da lúa en Santiago», que o grupo rebautizou como «Xotalúa», e unha traducción-adaptación dun texto de Eduardo Galeano titulado «Patas arriba» que Xúa bautizou como «Pregóns da lanterna máxica».

Con todos este mimbres musicais e literarios, o debú de Xúa é sorprendente pola súa madurez musical, o que os salvou de cometer os erros clásicos de principiantes e facturar un disco moi sólido e disfrutable en tódolos os seus aspectos: composición, execución e producción.

Bem. Agora Xa só me falta deixar unha mostra de como soa Xúa, para os que non queiran pasar polo myspace. Personalmente, encántame o seu son de vento nos bosques, de auga que cae, de dóce bravura atlántico-galaica.

Eles prometeronme que me enviarian a gravazon da súa próxima actuazon, o 21 deste mes, en Celanova.

En canto o teña, poreino aquí, para que podades escoitar e ver.

Mañán contareivos quen é o segundo grupo.Totalmente diferente.

mariposa50.gif

O espírito Irmandiño

Maio 11, 2008

Pois é. Gracias à colaboración e o bó entendemento entre as asociacións, puderon celebrar a festa adiada para hoxe, por mor da chuvia do día 1.
E digo gracias à colaboración, porque hoxe, houbo chuvia tamén e, como non era cousa de adiar outra vez a merenda, pediuselle emprestado o cuberto que ten no monte a Asociación Cabalar, dos criadores de bestas bravas, e ahí celebrouse a festa.
Supoño que sería unha boa troula, porque, a tal hora, ainda non baixaron do monte.
Mañán xa vos darei mais detalles, así como tamén dos grupos musicais que van vir, que xa están apalabrados.
Desde aquí agradecerlle aos “Cabaleiros” a súa colaboración. Vimianzo cada vez vai sendo unha vila mais solidaria e unida. Ese é o espírito irmandiño. Unidos sempre se gaña.

Outro día, cando quente o sol, subiremos a Castrobuxán. E beberemos nas augas frias da fonte milagreira.

Mentras tanto, celebrando xuntos, e colaborando, os pequenos milagros de cada día poden suceder mais facilmente
Apertas.

vc3tqczw

A historia dum traballo

Maio 5, 2008

Antes de nada, dicir que a festa de Castrobuxan, por imperativos do nosso atlántico, húmido e imprevisível clima, trasladouse para o dia 11 de Maio, que, se a erva e o tempo o permiten, será un dia fermoso para ir de merenda.

Así, se algun queria ir e non lle dou tempo, ainda pode.

Bem. Aclarada esta continxencia climática, hoxe vouvos falar dunha historia non tan sanguenta como a dos irmandiños, mas tamén traballosa e dura, que xa vai polo seu decimoterceiro ano.

Son dados da Asociación AXVALSO, que van relatando estes trece anos de Asalto ao Castelo de Vimianzo. Dados que foron recollendo entodo este tempo de historia propia:

O ideario da festa, reseñas de prensa, cartaces, desde os comezos, no campo do Pazo de Trasariz, ata a ubicación actual.

Desde o primeiro ano, foise gañando experiencia, a base de esforzo, cansazo, debate, mas, sobre tudo, moita moita ilusión.

Ao fin, a ilusión é o alento dos proxectos, das empresas, dos camiños que percorremos na procura da evolución.

Para Vimianzo, supuso unha evolución a Festa do Asalto. E para toda a xente que ven, da volta ou de mais lonxe. Evoluindo a través da festa e da ilusión, o mundo será un chisquiño mellor cada día.

Bon. Deixovos coa información, porque sei que hai uns rapaces dun Instituto da ESO que esperan por ela para rematar un traballo e non os quero facer esperar. O traballo dos rapaces é sagrado. O traballo sempre é sagrado, cando é para ir a mellor.

Tamen queremos agradecerlle à fotógrafa de La Voz de Galicia, Ana García, que nos permitiu amablemente utilizar moitas das suas fotos, sobre todo, do último ano.

dossier-asalto-2008

luna06.gif