Traballando pola cultura

By rifenha

Este Primeiro de Maio, festa dos traballadores, a xente da Asociación AXVALSO, organiza unha marcha a Castrobuxán, un lugar máxico cunha capela da Virxe, fonte de auga sagrada e monte arredor.

Parece que esta capela, que fica no alto dun outeiro, foi noutrora un centro de ritos máxicos, para curar as doenzas da psique e outros “males estraños”.

O camiño que leva a ela, pasa a carón da muralla sur dun antigo castro. De aí o nome

Agora fica case esquecida e só se celebra misa unha vez ao ano. O camiño da fonte xa non é transitado, como era antes, e a romería desapareceu.

A fonte

Castrobuxán fica a cinco km. de Vimianzo, e a xente da Asociación Axvalso,proxecta facer o primeiro de maio, um xantar con festa no alto do outeiro.

Sairá a xente que queira ir a andar, da Praza da Igrexa de Vimianzo às doce do mediodía. Os que queiran ir en transporte, a chegada dos camiñantes e comezo da festa, fica prevista para as dúas da tarde.

O prezo do xantar, incluindo viño e refrescos, será de 10 € para os maiores e de 5€ para os meniños.

Amais do xantar, haberá un concurso de tortillas, para quem queira preparar a sua e participar.

Ao rematar de comer, haberá xogos tradicionais,actividades para nen@s, paseos a cabalo e poney…

Todo esto para recaudar fondos para a festa do Asalto ao Castelo.

Se vos animades, non vos ides arrepentir, porque o sitio e a festa van ser un moi bó xeito de pasar o día do traballo.

Traballando pola cultura ao mesmo tempo que comemos, bebemos, e xogamos.

Ou botamos uns risos cos amigos.

Algún/a, se cadra, ainda bebe auga da fonte e pode ocorrerlle algo máxico e milagroso: Encontrar à persoa da súa vida, namorarse, pasarlle a dor de cabeza que lle entra ao ir para a cama co marido…Eu que sei.

En cousas de maxia, todo pode ser.

Se por fin vos animades, podedes inscribirvos en Vimianzo, nos bares: Casa Sabina, O Gato Negro,Celme,Petouco e Lagar de Xosé antes do 26 de Abril

Se non sodes de Vimianzo, tendes que contactar con alguém que coñezades e vos inscriba. Seguro que non é difícil.

Se non sabedes a ubicación, ao chegar a Vimianzo, colledes a estrada que vai a Camariñas. Pasades o lugar de Calo e, na saída,à man esquerda, hai un letreiro indicador do camiño que sobe até o sitio.

Esperamos por vós para darvos a benvida e pasalo ben.Pasos

Deixa un comentario