A Festa

By rifenha

A festa do Asalto ven celebrándose desde hai trece anos. Este é o XIII Asalto Irmandiño.

Nela ten actuado grupos como Golem System, Berrogüeto, Pé de Boi,Mack Feck, Os tres Trebons…E unha pila de grupos de todo tipo:Folk, Reggae, rock…que ten pasado nestes 13 anos.

Deixovos o video do ano pasado. Para que vos deades unha idea . Non é como estar alí, vivíndoo, pero algo é algo:

No video non sae nada da actuazon dos grupos musicais. Só da festa da xente, para que vexades que é unha festa moi participativa, onde todo o mundo pode participar no asalto, na guerra de vexigas de auga, ou levar un facho tras do ariete, para animar aos asaltantes.

Espero que o video vos valese para ilustrar a grande festa popular e animarvos este ano a participar.

Pouco a pouco, iremos falando de mais cousas agora sobre a festa en sí, a sua história, o cartaz deste ano, cos grupos que van tocar, e todo eso que ainda estan a preparar e a organizar

Deixa un comentario