Arquivo de Marzo, 2008

A Festa

Marzo 16, 2008

A festa do Asalto ven celebrándose desde hai trece anos. Este é o XIII Asalto Irmandiño.

Nela ten actuado grupos como Golem System, Berrogüeto, Pé de Boi,Mack Feck, Os tres Trebons…E unha pila de grupos de todo tipo:Folk, Reggae, rock…que ten pasado nestes 13 anos.

Deixovos o video do ano pasado. Para que vos deades unha idea . Non é como estar alí, vivíndoo, pero algo é algo:

No video non sae nada da actuazon dos grupos musicais. Só da festa da xente, para que vexades que é unha festa moi participativa, onde todo o mundo pode participar no asalto, na guerra de vexigas de auga, ou levar un facho tras do ariete, para animar aos asaltantes.

Espero que o video vos valese para ilustrar a grande festa popular e animarvos este ano a participar.

Pouco a pouco, iremos falando de mais cousas agora sobre a festa en sí, a sua história, o cartaz deste ano, cos grupos que van tocar, e todo eso que ainda estan a preparar e a organizar

Todo perdido

Marzo 12, 2008

Así é. No 1469, a guerra decántase para o lado do señores e o soño de liverdade e igualdade que floreceu na Galiza desde o século XII atè ben avanzado o XV, rematou dunha maneira brusca e traumática para o povo.

Foi a primeira gran derrota do povo galego, tamén a testemuña da sua forza, capacidade organizativa e solidariedade entre as clases populares.

page_8.jpg

1bird36-med.jpg

Os avoitres volven, para seguiren devorando o froito do trabalho 350px-Hakenbuechse.png

Na loita, todo o mundo participa

Marzo 9, 2008

page_7.jpg

A xente, cando loita unida e organizada por unha causa xusta, ten o poder da razon nas suas mans. En todas as épocas da historia


20030223_178nunca_mais_madrid590.jpg

E a loita continua durante dous anos…

Marzo 9, 2008

page_6.jpg

Entre 1.467 e 1.489, os Irmandiños loitaron contra os señores feudais, defendendo os seus intereses frente ao abuso dos señores


83-img_4774-180821-16122006.jpg

Os falcons foxen

Marzo 9, 2008

page_5.jpg

fuego

Os gorrions perseguen aos falcons

Marzo 8, 2008

page_4.jpg

Como se organizaban os Irmandiños:

Á cabeza das Irmandades correspondíalle ás Xuntas de Irmandade, xuntanzas dos procuradores das Irmandades locais e de representantes de sectores achegados a elas, delas emanaban as decisións de goberno pero era o alcalde de cada Irmandade local o encargado de executala coa axuda dos cuadrilleiros que tiñan o mando sobre unha mesnada de cen homes.

Os capitáns, Alonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio, eran os encargados da dirección militar da Irmandade.

Moito mudamos co tempo…!

Inge20Bird20Right Inge20Bird20Left attackeagle

OS SEÑORES DA GUERRA

Marzo 7, 2008

page_3.jpg

A Galiza, era unha terra sen lei. Os señores cabalgaban armados e non respetaban nada. Os prelados tiñan poder absoluto sobre as vidas da xente do común.

Neste texto, tirado do preito entre o bispo Alonso III de Fonseca e o seu sucesor Juan Tabera, recóllense algunhas das testemuñas da realidade cotiá do povo galego, ademais das malas colleitas, a peste e a dureza do traballo:

“Os señores prelados e cabaleiros do dito reino (…) facíanlles moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles os seus bois e bestas e forzábanlles as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como nas súas fortalezas (Extraído do Preito Tabera-Fonseca, Fol. 1104 v) “

Os cabalos da guerra, desbócanse, e comezan os preparativos para formar unha Irmandade Xeral

96.jpg

Conocer a Historia

Marzo 6, 2008

page_2.jpg

Antes xa da revolta irmandiña, nos anos 1116 e 1140, os pequenos artesans burgueses e parte do clero de Compostela, tiveram revoltas contra o bispo Xelmírez, mas, a primeira Revolta Irmandinha, comeza atacando o Castelo de Moeche, no 1431. De Roi Xordo, dise tamén que era de Ferrol e que morreu na batalla de Pontedeume,no ano 1437, cando foi derrotada a Irmandade

fieldgrass2.gif

DEIXÁ-NOS O NOSO PAN!!!!!!!

LADRONS!!!!!!!!!!

Como pasa o tempo!

Marzo 6, 2008

E pois é. Esta já é a decimoterceira festa irmandinha de asalto às Torres dos Moscoso.
A gente já anda trabalhando e argalhando na sua cabecinha os preparativos deste ano.
A rifenha jà fica disposta para vos contar todas as novidades.
Um ano mais. Bem-vindos.

Farei umha aclaração: Ainda que eu escreva este blogue, não o fago a título pessoal, mas no nome da associação que organiza a festa.
page_1.jpg

bran.jpg